Gelo do Moure


Con tódolos respetos

Despois da morte de Manuel Fraga, e baixada a tensión emocional dos seus achegados co seu enterro, con este traballo non pretendo sacarlle méritos, pero tampouco darlle máis valor político do que tivo senón como dicía o meu bisavó o Tío Fermín Da Ribeira :  “Amiguiño sí, pero a galiña polo que vale “. Para o cal presento cinco chistes da serie “Galego coma tí” que fixera cando Fraga “gobernaba” a Xunta .Estes chistes foron feitos naquel íntre político, e por un motivo en concreto, como puido ser unha viaxe, unhas eleccións, unha nova lei ou a celebración dun acontecemento.Esta é parte da historia política de Manuel Fraga, vista por mín en clave de humor. Dous destes chistes, xa foron publicados na anterior etapa do Olláparo, os outros non.


Ánimo

Para escomenza-lo ano, non hai millor cousa que a risa, por se o Mariano nos quer dar moito polo “ano”. E parodiando a música italiana dos anos 60, ahí van dúas cancións do Festival de San Remo . Dende o Portal de Belén para o Olláparo , e dende o Olláparo para o Mundo.

Chao Chao Balbina

Adeus Balbina,voume emigrado,

a ver se gaño para un arado,

plantar patacas é moi escravo,

se estas se plantan todas ó raño.

Adeus Balbina,non teñas pena,

que ei de traerche para unha alacena,

para que poñas eses cacharros,

que xa están todos escarolados.

Adeus Balbina,faime a maleta,

e mete dentro a caldereta,

pois no extranxeiro todo está caro,

e hai que aforrar para o arado.

Adeus Balbina,quéroche moito,

pero ei de irme no tren das oito,

non teñas presa que cando veña,

os dous faremos unha pequena.

Adeus Balbina, hei de escribirche,

e contareiche sempre algún chiste,

deses que pasan no extranxeiro,

ós emigrados malenseñados.

Adeus, adeus, Balbina miña

xa calo a boca e voume axiña,

non vaia ser que perda o tren,

e a vida pase có raño ós pés.

 Come prima

Come prima,come tía,come nai,

este caldo de nabizas que está guay,

e este cacho de molete de centeo do Puntal

come prima,come tía,come nai.

De segundo temos xardas do frescal

adobadas cunhes allos do Pombal

con cachelos de patacas do Areal

come prima,come tía,come nai.

E de postre un requeixo que está feito no Barral

endulzado coa mel do Canabal

os licores foron feitos a conciencia por meu pai,

e o café ven dun país moi tropical.

Come prima,come tía, come nai

e se sobra que o coman os demais

pois a fame é común cando non hai

e que menos que invitar neste cantar.

Adicadas á miña prima Anita



A saúde da xuventude

Burriño
Preme na foto

Paseando polo campo da feira, un pai co seu neno veron un burriño empalmado; o neno , que nunca tal cousa vira, preguntoulle ó pai

-¿ papá, que lle pasa a ese animal ? O pai, todo colorado díxolle

-¡ está enfermo !. O rapaz, ó chegar á casa díxolle á nai

-¡ mamá, vimos a un burro enfermo ! ,

-¿ por que sabes que está enfermo ?

-¡ díxomo papá !,

-¿ e logo que lle pasaba ?

– tiña 5 patas, pero unha era mais pequena que as outras e non lle chegaba ó chan

A nai, ríndose a gargalladas díxolle :

– quen lle dera a teu pai ter a  saúde que ten o burro.

Foto Gelo do moure. Conto popular

Tempo de Crise, Tempo de Aforro

El Rei e a Cabra da Lexión

Se por min fora, despois da Chacón nombrábate Ministra de Defensa, así aforrábamos un salario e teríamos un inútil menos no Goberno. ¡ Ostia, que tío mais listo tamén sabe de economía mira que aproveitar as cabras para salvar o país! Este é capaz de muxirme para aforrar o leite na Casa Real.
   
Gelo do Moure

A San Andrés de Teixido

voulle a ir rezar

pa que faga o milagre

de me sandar

pois padezo doenzas do corazón

que viñeron de noites de intenso amor.

( escrito coa barriga valeira, antes de xantar)

Gelo do Moure

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s