Gelo do Moure


Matar en defensa propia

Esta historia son dous contos diferentes, a 1º fala dunha persoa chea de millóns e a outra por non ter estaba sen os calzóns. Un era xoieiro e o outro “paleta” de profesión. O rico chámase “Midas” e o obreiro “Escaso”. O único que teñen en común é que os dous ao ser roubados matan en “defensa propia”.

MIDAS

Estando Midas traballando,

dando brillo á colección,

cando máis lediño estaba

entrou pola porta un ladrón.

¡ Isto é un atraco! ,berrou o caco,

éncheme o saco, pois se non te mato.

aló vai Midas nervoso,

pero atento como un raposo.

Nun despiste do ladrón,

collendo a pistola dun caixón,

de dous tiros mátaio sen compasión.

Ó chega-la policía felicítano con efusión,

facéndolle unha homenaxe

para colgarlle un medallón.

A éste asiste un Ministro,

creo que é de interior,

despois de darlle unha aperta

fai unha declaración.

Dicindo que o señor Midas

é algo bó para a Nación,

pois persoas coma él

son toda unha institución.

ESCASO

Traballaba de albanel

na empresa “Obras a paxe”

levando alí vinte anos

que xa era un bó bagaxe.

Sempre fora a traballar,

sen un día que fallar,

cando menos o esperaba

vese metido nunha folga salvaxe,

preparada pola dirección

por iso da reconversión

Sen máis atópase na rúa

e non cobrabndo os atrasos,

cae na desesperación

pois queren roubarlle un millón.

Xa levaba un par de meses

sen levar nada para casa.

toma unha resolución

e decide ir falar co patrón.

Despois de moita rogación

para que lle devolva o “montón”,

ante as risas e ameazas do ladrón

mátao, clavándolle a paleta no corazón.

Alí mesmo o deteñen

os gardas de seguridade,

dándolle un gran palizón

que lle reventou un pulmón.

En vez de ir para o hospital

métenno na cadea

como se fora do GAL.

Mentras espera o xuizo

decátase do seu mal:

“Neste mundo ser obreiro

é un castigo celestial”.

Condénano a 30 anos

por defender o seu pan,

matando en defensa propia

a un ladrón con capital

Como vedes, a Xusticia trata de moi diferente xeito ós dous persoaxes, na vida real é a mesma historia : Uns son ricos, e outros probes.

Os galegos


Os galegos somos xente

que todo nos dá igual,

así pechen asteleiros

ou nos tiren polo chan.

Temos tan pouco carácter,

e tan pouca dignidade,

que ata de nós se rín

noutras comunidades.

Despreciamo-lo idioma

porque é cousa de “aldeáns”,

e parécenos máis fino

o falar o castelán.

Temo-lo máis grande exemplo

cando imos bautizar,

poñéndolle ós nosos fillos

Vanessa,Ruth ou Iván,

como se os nomes galegos,

fosen a soar moi mal.

Se imos a defender

os postos pa traballar,

doulle a razón ó empresario

polo que poida pasar,

chamándolles “terroristas”

os que loitan polo pan.

Cando se teña conciencia

de todo o que isto supón,

a de ser un pouco tarde

pa levanta-la Nación.

Remataron xa os días

de ir para emigración,

e o que nos queda paisanos

é despertar da ilusión,

de pensar que outra xente

nos vai dar a solución.

Mariñeiros

Asasinato no Monte Eixil

Matou un oso,

un cazador matou un oso,

no Monte Eixil,

pola mañán matou un oso,

ó dispararlle cinco tiros

na cabeza,

cunha escopeta de importación

marca Beretta

Xa está contento

o cazador co seu trofeo,

e moi ufano

desenvaina o seu coitelo,

para pelar a ese animal

que é un bicho feo,

e logo amosar a súa pel

no seu Concello.

Tamén pensou o cazador

que era un valente,

sen decatarse

do seu erro de demente,

ó ir matando os animais impunemente

como se fosen un perigo para a xente

Sempre o perigo

estará nas escopetas

se están nas mans

de salvapatrias de opereta,

que non entenden que esta vida é unha cadea,

e os animais formamos todos parte dela



Nais

Raíña e señora

do Mundo Animal,

goberna na vida

con amor de Nai.

Cariño de Nai

amor verdadeiro,

cariño de nai

meu amor primeiro


 

Contigo en Itaca

 
A Ulises cantaron
no seu navegar,
sereas dende as pedras
en lonxano mar
Da forza desa pedra
é o teu ollar,
que fas perde-lo rumbo da xente ó pasar
Tamén tivo Ulise sterse que amarrar,
ó mastil do seu barco
para non naufragar
Eu así quixera poderme amarrar
e non perde-lo rumbo
con o teu ollar
Que sorte tivo Ulises
as orellas tapar,
e chegar un día a Itaca
e con Penélope estar
Na illa dos soños
na illa de Itaca,
seguirei soñando contigo en Itaca.
 

2 Responses to Gelo do Moure

  1. Pingback: A loita continua | Olláparo. Blogue

  2. Pingback: A loita continua | Olláparo. Blogue

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s