Especial Solsticio de Inverno


Versión pdf

Nas redondezas do solsticio

Antom Labranha

Enleados no calendário

Janeiro, Março, Maio, Julho, Agosto, Outubro, Dezembro… 31 dias

Abril, Junho, Setembro, Novembro… 30 dias

Fevereiro… 28 dias (ou 29)

O céu que nos contém

Dois astros regem a vida na Terra: o Sol e a Lua.

Sol-pôr em Cedeira

Plenilúnio em Compostela


Ele tem dois ciclos: um diário, e outro anual duns trezentos sessenta e cinco dias. Ela tem um ciclo, de case trinta dias.

Como conjugar a Lua com o Sol?

Chega o solstício de Inverno (21-22 de Dezembro): remata um ano solar, começa o novo. Porem, até o 1 de Janeiro temos 10-11 dias.

Os antigos egípcios raciocinaram de maneira muito simples:

Doze ciclos -meses- de trinta dias:

Cinco dias “epagômenos” -por indução lógica-, fora de qualquer mês.

12 · 30 = 360

+ 5

365

Nos primeiros calendários romanos havia 60 dias epagômenos nos que os exércitos ficavam aquartelados. Sempre era que começavam em Março -preparando as legiões, mês de Marte, deus da guerra- e terminavam em Dezembro (o décimo).

Foi despois que decidiram incorporar dois novos meses (Janeiro e Fevereiro) e assim, com idas e vindas, até tempos de Júlio César (calendário Juliano, 49 A.C.), que dá a base do posterior Gregoriano.

Os nossos 11 dias epagômenos

Se um ano são 365´2425… dias, e um ciclo lunar 29´53…, doce ciclos lunares fazem, aproximadamente 354´36 dias. Por tanto:

Num ano sobram 10´8825 dias –case 11-.

Que fazer com eles? ………………… FESTA!!!

De aí que sejam dias feriados, de lazer, de oferendas, de celebrações. Rigorosamente seriam desde o 21 de Dezembro até o 1 de Janeiro; porem, por um desloque no calendário, fazemos que sejam do 25 ao 6.

Carta apócrifa ao Apalpador

Antom Labranha

Esvarando polas fendas ceibaba o frío un asubío. Intenso e desolador, vento nordés. Mesmo por osmose, atravesaba os vidros lampos das xanelas.

 Contra o fin do ano viñas ti, agochado na noite. Adormecida, apenas podía adiviñar a túa sombra co enorme saco de carbón ao lombo. Imaxinábate rufo, cara tisnada, tabardo húmido e poeirento, achegándote á lareira acesa que non era quen de tornar tépedo o xélido ar. A pé dela aniñaba eu. Apalpábasme a barriga, simulabas preguntar se tiña fame e metíasme na faldriqueira unha ducia de castañas asadas.

 Á mañá, cando acordaba, avivado o lume coa fogaxe do carbón novo, a cociña de ferro tiña xa morneado o ambiente. Entón, nun ritual sempre inocente por máis que cada ano se repetise, sorprendíame ao encontrarme coas castañas. Pelábaas e botábaas na cunca do leite acabado de muxir. Esperaba que amolecesen e aos poucos ía sorbendo, unha a unha, as doce bagas da vida… as doce lúas do ceo.

Hoxe os nenos non saben de ti. Reis e Papá-Noel, viaxeiros doutros mundos, atéiganos de presentes. Demos en pensar que eran de balde, porén, ao írense levan consigo un anaquiño da alma do noso país.

Volve onda nós, co teu agasallo ventureiro que ha acalmar as soidades. Enche o saco de palabras sobranceiras, fermosas coma o luar, melancólicas coma saudades, tenras coma agarimos de nai, apaixonadas coma aloumiños de namorados… Con elas habemos facer a panxoliña enxebre que abale o berce dos nosos meniños.

O Apalpador no concerto universal

O personaxe do Apalpador, tal como se sinala máis abaixo, é doadamente identificable con outros moitos, espallados polo mundo adiante:

Tirada da site da Gentalha do Pichel. Desenho: Leandro

 

As antigas civilizacións festexaban o nacemento do Sol (solsticio de inverno, 21-22 de decembro), e en todas se ofrecían presentes: invocacións á boa sorte, á protección divina.

Os evanxeos non din cando acontece o natalicio de Xesús. Foi moito despois, en tempos de Constantino I (S. IV), que se decide incluílo dentro dos festexos do nacemento do Sol.

Tampouco din os evanxeos cando é que chegaran os “reis magos”. Nin din que fosen tres nin reis, senón sabios -os evanxeos apócrifos contan que eran discípulos do astrólogo Zoroastro-. O que si din é que levaran ouro, incenso e mirra:

OURO: metal apreciado, de valor simbólico (nobreza) e material.

INCENSO: obtido de árbores africanas e asiáticas do xénero Boswellia, contén irihodrocannabonila, unha droga lixeiramente aditiva: o aroma fai máis profunda a respiración, relaxando a mente e, por tanto, axuda á meditación.

MIRRA: resina obtida do espiño, árbore de orixe africana, é usada na preparación de medicamentos. Os exipcios empregábana no culto ao Sol e como ingrediente na momificación .

Até que en fin, así é que é a vida: Unha doutrina que precisa imporse redefine un ritual precedente agochando a identidade deste. Porén, a máis universal de todas as doutrinas, o Mercado, virá por súa vez a se instalar sobre dela, converténdoa na gran festa do consumismo.

Gratidão

À Gentalha do Pichel pela sua site de divulgação e ás pessoas que fizeram achegas nos comentários; a mesma coisa posso dizer a respeito da AGAL; ao José André Lôpez Gonçâlez pelo seu estudo primordial; aos Taboada Chivite, Cuevilhas, Leite de Vasconcelos… pelos seus trabalhos precursores; a todas as pessoas que colaboram na enciclopédia on-line Wikipedia (Galipedia, Wikipédia).


Documentación

O outro Nadal: Tió, Olentzero, Apalpador

Ademais dos Reis e antes co Santa Claus se importara doutras tradicións de solsticio de inverno, hai outras figuras míticas do Nadal cun nivel diferente de recuperación e de integración.

Como é común nas tradicións agrícolas, estes tres seres máxicos que vos presentamos a seguir,  están relacionados coa comida, coa acción de procurar alimento e coa natureza benéfica da madeira e do lume, das cinzas e do carbón, que representan o fornecimento de alimentos e a fartura asegurada para a estación fria que é cando a terra se volve preguiceira.

A igrexa  cristianizadora vai introducir os Reis Magos  e vaise producir unha cousa ben curiosa : ás crianza díselles que han recibir  agasallos se son bos e senón, carbón (coma na moralizadora e insolidária fábula de La Fontaine, a formiga e o saltón, sanciónase o hedonismo e  a quen non vive segundo a “ética do traballo”). Aquí detúrpase a representación porque os carboeiros traian carbón, leña e mantenta (as castañas que simbolizan a abundancia de alimento). O carbón é na nosa tradición  un atributo positivo. A noite do apalpadoiro tal e como recolleu Taboada Chivite forma parte da nosa tradición do Nadal conservada na zona do Courel. Unha noite de fartura e compango.

No solsticio de inverno, o máis difícil do ano, O Tió, o Olentzero  e o noso Apalpador  son portadores do desexo de que se pase con alimento e  ao calor da lareira. Noutras palabras,  que na casa vele a estrela da fartura.  Ao contrario da industria de lecer made in USA e made in Spain, estes personaxes non foron máquinas tradicionais de traeren agasallos … Pola contra, móstranse como tres símbolos da resistencia cultural diante do consumismo e da homoxeneización de costumes da globalización.

En  Cataluña: EL TIÓ

Un tronco que se queimaba na casa devén un ben personificado con rostro e sombreiro (“barretina”) e simbolizado por pequenos agasallos como doces, torróns e outras lambetadas. Hoxe en día facer cagar o Tió na véspera de Nadal é todo un ritual doméstico.

Tradicions nadalenques(Gencat)

El tió de Nadal / Ricard Pascual i Guasch

Viquipedia Edu365.

Conte del Tió

Cançons per fer cagar el tió

Libros:

  1. Ja ha arribat el tió! Editorial Nadal.ISBN:  978847997458
  2. EL meu tió (lletra de PAL)Editorial Nadal.-ISBN9788478875191
  3. El meu tió (lletra lligada) /Editorial Nadal.-ISBN: 9788478875207
  4. Caga, tió! / Mercè Anguera ; il·lustracions de Mikel Valverde. La Galera, 2002. ISBN10 8424620828
  5. El tió dormilega. Editorial Nadal ISBN: 9788478873414
  6. Carolina i el tió  (Un mar de contes); vídeo.
  7. Carolina i el tió (Un mar de contes); tex

En Euscadi: OLENTZERO

Coma o Apalpador,  trátase dun carboeiro mitolóxico que trae os agasallos o dia de Nadal.

  1. Gure Olentzero!

    Libro:

    1. Olentzero: Izena duan guztia omen da / Angel Benito Gastañaga (trad.)

*En Cantabria e en lugares de Asturias hai un personaxe que se chama Esteru, un leñador que trae os agasallos

En Galiza: O APALPADOR (ou Pandigueiro)

Un carboeiro que vive nas fragas do Courel e o Cebreiro, fuma pipa, se  alimenta dos froitos da fraga e porco bravo e que se representa decote coma un xigante.  A noite do 24 de decembro baixa da montaña para dar agarimo e mantenza ás crianzas  cando estas consiguen, por fin, quedaren durmidas. É entón cando…

Galipedia

Libros: 

  1. A teoría do inverno. Os presentes do Apalpador. A gentalha do Pichel
  2. O Apalpador e a castaña máxica / Xoán G. Biblos,2011.
  3. O Apalpador / Xoán G. Biblos,2009.ISBN: 978-84-937323-5-6
  4. O conto do Apalpador/Lua Sende, A.Figueroa; ilustraçons Leandro Lamas.Contos para miudos
  5. Antón e o Apalpador / Manuel Castro e Mar Ameixeiras; ilustrada por Francisco Ameixeiras.Barafunda.2009

No Youtube

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s