Participa !


Estamos a procurar as túas achegas para o Olláparo blogue e para  Olláparo  revista dixital que pretendemos tirar adiante o ano 2012. Precisamos

1 -Contidos
Análises, poesía, contos, microrelatos, historias literarias … para o recanto literario.
Ideas, suxestións,  contacta connosco … Propón temas, reportaxes, informes e artigos.

Que abrolle o escritor/a ou xornalista que levas dentro!

2 – Gráficos

Tiras fotos daquela maneira? … Achégate a “En foco” coas túas imaxes e axúdanos a facer de fotógrafo para os nosos artigos e reportaxes.

Góstache debuxar, es un ilustrador  en potencia? Góstache facer cadradiños e viñetas con sorna? Achega as túas “Brincadeiras” ou axúdanos a ilustrar artigos.

Deixa as túas obras no noso andel de imaxes!

3 – Revisións                                                                                                 

Entra no blogue e participa cos seus comentarios e opinións. Axúdanos a pensar o Olláparo dixital. Busca, compara e partilla todo o que a Internet pode achegar á nosa vila.

4 – Cartos                                                                                                  

Preferimos a achega creativa.Queres facer unha doazón? Non somos contables.Escoitámoste

ollaparo.revista@gmail.com

3 Responses to Participa !

  1. Manuel Rodriguez Villasuso di:

    Gracias Gelo. Hai moito que facer e agradezcoche o teu apoio e as tuas opinions. E grazas a Ollaparo por brindarme este espazo

  2. Queria deixar aqui unha proposta. Somos moitos afiliados a C.I.G. e alguns temos unha inquedanza. Gostarianos abrir un local sindical que que funcione como tal, e como asociacion.
    Precisamos xuntarnos para conquerilo, asi polo menos safariamos de ir a Ferrol, xa que unha vez a semana viria unha persoa para que se lle puidese consultar temas laborais.
    ¿ Creedes que seria algo bon para o noso pobo? ¿ Como podemos artellar isto en caso de ser positivo?

    • Gelo do Moure di:

      Claro que sería positivo, pero o primeiro interesado seria o Sindicato CIGA que é quen ten a capacidade de convocatoria para xuntar ós seus afiliados si realmente lle interesa porque calquer sindicato que se precie,como tal, ademais de cobrar as cuotas ós afliados tenlles que dar alternativas e solucións ás súas demandas.

Deixa unha resposta a Manuel Rodriguez Villasuso Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s